Bus Turístico Vigo Tour
Fai un percorrido panorámico en bus por Vigo.
Se vés a Vigo en familia, nunha escapada breve ou queres situarte nos lugares máis emblemáticos da cidade sen perder tempo e de forma económica, o bus turístico é unha opción cómoda e agradable. Fai unha ruta circular que te recollerá e deixará no porto de Vigo, facendo 3 paradas: O Castro, Museo Quiñones de León e praia de Samil. Dispón dun sistema de locución en varios idiomas para que non perdas detalle do percorrido, e podes adquirir os billetes no propio autobús.
CONDICIÓNS
Parada saída e chegada: rúa Cánovas del Castillo (Centro Comercial A Laxe) Saídas ás 10.00, 12.00, 16.30 e 18.30 h en temporada estival (de 15 de xuño a 15 de setembro). En inverno só os días con escala de trasatlántico.
Tarifa especial para nenos de 5 a 14 anos: 4 €; menores de 5 anos, gratis (sen ocupar asento).
Calendario: todo o ano.
Duración: 1,5 h.
PREZO: 7,50 €
- 1.50 horas
- desde 7.50 €
- con nenos e para solteiros
- Accessible activity Actividade accesible
INFORMACIÓN E RESERVAS
- 986291600
- http://www.vitrasa.es/
- sav@vitrasa.es
- ES e GAL