Aviso legal

1. O Concello de Vigo edita este catálogo para facilitar o contacto entre os visitantes da cidade e os fornecedores de servizos turísticos. É un catálogo promocional, polo que a relación comercial se establece entre o cliente e o fornecedor do servizo.

2. A organización, contratación e execución dos servizos indicados depende de cada empresa ou titular. Os teus dereitos como consumidor están recollidos no Real decreto lexislativo 1/2007 de 16 de novembro, texto refundido da Lei xeral para a defensa dos consumidores e usuarios e outras leis complementarias. Ademais, podes acudir aos servizos de Inspección de Turismo o ben aos de Inspección de Consumo da Xunta de Galicia.

3. Unha vez adquirido o servizo, queda sometido ás condicións xerais do fornecedor deste.

4. Todas as reclamacións deben ser comunicadas ao fornecedor do servizo no menor tempo posible para que poida chegar rápida e eficazmente a unha solución.

5. Se o desexas, desde o Concello de Vigo (Turismo de Vigo), axudámosche a xestionar calquera incidencia.

 

Dereitos da persoa usuaria

 

1. As actividades incluídas na Guía VigoHospitality2014 son ofrecidas polos titulares das mesmas. Os datos dos titulares figuran xunto á descrición de cada proposta. Turismo de Vigo non é responsable destas.

2. As condicións e prezos que figuran no presente catálogo son válidos ata o 31 de decembro de 2014 e quedan suxeitos a posibles variacións a partir de 2015.

3. As condicións deberán ser confirmadas co fornecedor do servizo no momento de efectuar a reserva. Unha vez adquirido, este servizo queda sometido ás condicións xerais deste fornecedor.

4. Cada fornecedor de servizo establece as súas condicións de prezo e temporadas. Estas aparecen especificadas na descrición das actividades.

5. Poden xurdir variacións nos prezos dunha temporada debido a eventos ocasionais. Estes serán informados e xustificados polo fornecedor do servizo no momento da reserva.

6. Tamén poden darse outras variacións no prezo e condicións que respondan a motivos alleos, tales como a variación do tipo de IVE.

7. A reserva de servizos queda suxeita á dispoñibilidade de prazas e ás condicións particulares indicadas por cada fornecedor, tales como a esixencia dun mínimo de participantes na actividade.

8. O período de validez desta adquisición estará suxeito ás normas específicas do fornecedor do servizo.

9. Unha vez efectuada a reserva, a súa anulación estará suxeita á lexislación vixente e, no seu caso, aos acordos establecidos contractualmente co fornecedor do servizo, debidamente acreditados.